A alegación proposta polo Concello de Pontecesures oponse á alternativa 4 e a tódalas outras alternativas propostas polo Ministerio de Fomento.
O Concello de Valga puxo varios modelos de alegacións segundo a afección que pode sufrir calquera veciño do concello. En tódalas alegacións propostas polo Concello de Valga se opón á alternativa 4 e solicita que se tome a alternativa 1 como a más favorable aos dereitos e intereses das veciñas de Valga.
- Alegación para calquera veciña de Valga
- Alegación para calquera veciña de San Miguel e Valga
- Alegación para calquera veciña afectada por fincas
- Alegación para calquera veciña afectada por casas, cubertos,...
Estamos a solicitar a que tódalas veciñas de Valga, Pontecesures e demáis concellos afectados ou non, asinen o formulario conxunto para opoñernos a que se gasten uns cartos nunha obra innecesaria. Dito formulario está depositado en varios comercios de Valga e Pontecesures para que poidades asinalo. Pedímosvos que descarguedes o formulario e nos axudedes a recadar máis sinaturas. Tódolos formularios recolleranse antes do 4 de Febreiro na cafetería da Casa de Cultura de Valga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario